- Agasallounos con caramelos e repartiu abrazos entre os máis pequenos
- Algúns alumnos xa falaran con el por videoconfencia a semana pasada
Valga, 20 de decembro de 2018.
Papá Noel xa está en Valga con todos os regalos que lle pediron os nenos do municipio e que repartirá por todas as casas na noite do día 24. Pero antes non quixo perder a oportunidade de visitar a algúns dos rapaces valgueses, en concreto ao alumnado do Centro Rural Agrupado (CRA) e da Escola Infantil Municipal.
Os nenos recibírono con moita alegría e Papá Noel regaloulles caramelos, para que vaian endulzando a espera ata Noiteboa. Tamén repartiu abrazos entre os nenos e os seus mestres.
O seu percorrido por Valga incluíu a Escola Infantil de Baño e as unitarias de Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza. Os alumnos do CRA xa puideran falar con Papá Noel por videoconferencia a semana pasada, cando aínda estaba en Laponia, para que tomara boa nota de todos os regalos que tiña que traer a Valga.