- A sentenza do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra confirma a legalidade da actuación do Concello

- O fallo conclúe que a anulación dos presupostos só produciría “unha infrutífera situación de bloqueo orzamentario”

rolda

Valga, 19 de decembro de 2018.

A xustiza vén de desestimar o recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Pontevedra (Cosital) contra a aprobación definitiva dos orzamentos municipais de 2017.

O recurso de Cosital centrábase en que a inexistencia de relación de postos de traballo “conleva unha falta de motivación dos complementos retributivos”, o que sería “determinante dunha actuación arbitraria, en fraude de lei, e de desviación de poder”. Tamén aludía a un suposto “incumprimento da lei por non ser axeitada a cuantía” dos complementos específico e de destino.

Estas alegacións xa foron contestadas e desestimadas no seu momento por técnicos municipais durante o período de exposición pública dos orzamentos e agora son rexeitadas tamén polo xulgado. A sentenza conclúe que “a inexistencia de relación de postos de traballo, por si soa, é insuficiente para acarrear a nulidade dos presupostos” e que dita anulación “non produciría máis que unha infrutífera situación de bloqueo orzamentario”.

Ademais, engade que “o orzamento examinado incorpora o cadro de persoal no que se reflexan os distintos postos coas súas retribucións, pero nin se crean postos de traballo nin se modifica a situación preexistente e consolidada, polo que se considera que se trata dun documento presupostario cuxa elaboración non esixía negociación colectiva nin, por ende, é susceptible de impugnación por este motivo”. A conclusión do fallo é que “a indicación das retribucións complementarias no cadro de persoal anexo ao orzamento non require de negociación previa se non hai creación de novos postos ou modificación das condicións de traballo preexistentes”.

O goberno local amósase satisfeito polo contido da resolución xudicial, que vén a confimar a actuación municipal. Lembra, ademais, que o de Cosital non é o único recurso que se presentou contra a aprobación dos orzamentos de 2017, senón que está pendente de resolverse outro moi semellante dos concelleiros socialistas de Valga. “Á vista desta sentenza, todo fai indicar que se resolverá no mesmo sentido”, entende o goberno valgués.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver