- A concelleira de Benestar Social asistiu ao acto de clausura da actividade
- Os participantes decoraron libretas, álbums e marcapáxinas con materiais de refugallo
Valga, 19 de decembro de 2018.
O CODI albergou o acto de clausura dun curso de scrapbooking de trinta horas de duración que se impartiu durante as últimas semanas. A actividade foi organizada pola Asociación de persoas con discapacidade Asdivalu e subvencionada pola Deputación a través do programa Conectadas.
Á entrega de diplomas asistiu a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que acompañou a un representante da empresa que impartiu o curso.
O scrapbooking, tamén coñecido co nome de libro de recortes, é a técnica de personalizar libretas, álbums de fotos e outros obxectos con adornos de todo tipo como pegatinas, cintas, papeis, fíos e incluso botóns ou flores secas.
Os participantes neste curso empregaron só materiais de refugallo para crear os seus deseños: bricks de leite, cartulinas recicladas ou rolos de papel hixiénico, entre outros. Con eles decoraron libretas, álbums e incluso bolsas e marcapáxinas.