Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos de forestais están a aprendendo a desbrozar e os de albanelería, a elaborar morteiro e enfoscar paredes

- Vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña están a aprender durante nove meses os oficios de albanelería e acondicionamento forestal

prácticasobradoiro1

Valga, 18 de decembro de 2018.

Os participantes no Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, dez alumnos da especialidade de albanelería e outros dez de acondicionamento forestal, están xa a realizar prácticas formativas.

O alumnado de forestais está a levar a cabo prácticas de limpeza e desbroce, tanto manuais como con desbrozadora, sega e rastrelado de follas. Asemade, están a realizar podas de formación, de mantemento e de rehabilitación.

Unha vez conten coa práctica necesaria, os alumnos comezarán a executar obras de acondicionamento de zonas verdes que inclúe o proxecto do Obradoiro de Emprego, no miradoiro de Beiro, na praia fluvial de Vilarello e no tramo do camino portugués que discorre por Valga.

No que respecta á especialidade de albanelería, os participantes están a realizar prácticas de elaboración de morteiro e de enfoscado de muros e paredes. Os proxectos de obra que teñen previsto acometer son a acondicionamento interior do edificio de usos administrativos e o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal.

Con estas sesións prácticas téntase que os alumnos adquiran as destrezas necesarias e apliquen os conceptos e coñecementos teóricos que os seus mestres lles explicaron previamente nas aulas.

prácticasobradoiro2 prácticasobradoiro3

Volver