- O alcalde e un representante da empresa adxudicataria asinaron onte o contrato por valor de 8.190 euros
- Ten unha duración dun ano con posibilidade de prórrogas ata un máximo de catro
Valga, 13 de decembro de 2018.
O Concello vén de contratar o mantemento das instalacións de calefacción e auga quente sanitaria existentes en edificios e instalacións públicas de Valga, en concreto na Casa do Concello, a Casa da Cultura, Auditorio Municipal, Museo da Historia, CODI, ximnasio, Escola Infantil Municipal, CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo.
O servizo foi adxudicado á empresa Control de Instalaciones Vigo S.L. por un prezo de 8.190’49 euros.
O contrato terá unha duración dun ano con posibilidade de sucesivas prórrogas de seis meses ata un máximo de catro anos.