Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado das unitarias de Chenlo, Campaña, Vilarello, Forno, Fereirós e Xanza pediulle moitos regalos para Noiteboa

- A conexión realizouse dende a Aula CeMIT do Auditorio

santac1

Valga, 12 de decembro de 2018.

A ilusión coa que os máis pequenos viven as festas de Nadal reflexouse nos rostros dos case sesenta nenos que tiveron a oportunidade de falar con Papá Noel a través de videoconferencia dende a Aula CeMIT do Auditorio.

Diante da súa casa en Laponia e rodeado dunha paisaxe nevada, Santa Claus conectou dúas veces con Valga para escoitar a lista de regalos que lle pediron os alumnos das escolas unitarias de Vilarello, Ferreirós, Forno, Campaña, Xanza e Chenlo. En total 56 alumnos nenos do Centro Rural Agrupado tiveron ocasión de conversar con Papá Noel. Portáronse todos moi ben durante este ano, comeron todo o que llse puxeron no prato, axudaron ao seus pais coas tarefas da casa, estudaron moito no colexio e o que máis lles gusta do Nadal é abrir regalos. Por iso, Santa Claus foi tomando nota de todos os xoguetes que vai ter que traer a Valga no seu trineo en Noiteboa.

Entre as peticións máis repetidas estiveron as bonecas e os coches, pero a lista de desexos dos rapaces valgueses inclúe tamén motoserras, motos de auga, patíns, vestidos de princesa e ata houbo quen lle pediu unha formigoneira e un maletín de médico. Moito van ter que traballar os elfos de Santa Claus para fabricar todos os xoguetes que queren os nenos de Valga.

Pola súa parte, Papá Noel pediulles aos pequenos que en Noiteboa lle deixen baixo a chimenea ou xunto á árbore de Nadal un vasiño de leite con galletas para repoñer forzas e unhas cenorias para os nove renos cos que viaxará por todo o mundo: Godín, Danzarín, Pompón, Xoguetón, Cometa, Cupido, Trono, Relámpago e, o seu favorito, Rudolf.

santac2 santac3

santac4 santac5

Volver