Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As prazas que se cubrirán son as de condutor, tractorista, albanel e carpinteiro

- Os aspirantes teñen de prazo ata o 21 de decembro para presentar as súas solicitudes e currículos

 

Valga, 12 de outubro de 2018.

O Concello de Valga ten en marcha o proceso de selección para contratar, polo sistema de oposición e en réxime de persoal laboral temporal, a catro traballadores: un condutor, un tractorista, un albanel e un carpinteiro.

A contratación será a tempo completo, por obra ou servizo e cunha duración aproximada de seis meses. As funcións a realizar serán as propias do persoal asignado ao Servizo de Obras do Concello ou calquera outra que competa ao Servizo de Operarios públicos de administración especial, exceptuando os de seguridade.

Para tomar parte na selección os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2005, de 30 de outubro, do texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública nin se achar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial
  • Carné de conducir C (só para a praza de condutor)

Os candidatos contan con dez días naturais para presentar no rexistro do Concello a solicitude de participación (pode descargarse AQUÍ) e o currículo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do carné de conducir C (só no caso da praza de condutor)

O prazo remata o vindeiro 21 de decembro.

A selección dos aspirantes realizarase mediante oposición, cun único exercicio consistente nunha proba oral e curricular na que se valorarán aspectos relativos aos coñecementos do aspirante como oficial de primeira da praza á que aspira, coñecemento do municipio, dispoñibilidade de vehículo, dispoñibilidade horaria e experiencia.

Bases de selección completas

Folla de solicitude

Anuncio de convocatoria

 

 

Volver