- A actividade de conciliación é organizada pola ANPA do colexio de Baño coa colaboración do Concello
- A asistencia é libre e a primeira película, “El bebé jefazo”, proxectarase o mércores 2
Valga, 12 de decembro de 2018.
A asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza organiza, coa colaboración do Concello de Valga, catro sesións de cineforum durante as vacacións escolares de Nadal, entre os días 26 e 29 de decembro. A actividade quere favorecer a conciliación familiar nesas datas nas que os nenos non teñen colexio.
As proxeccións terán lugar na Casa da Cultura de Valga con entrada libre para todas as persoas que queiran asisitir. As películas están dirixidas ao público familiar. O mércores 26 proxectarase a cinta de animación “El bebé jefazo”, para o xoves 27 o filme elixido é “Como entrenar a tu dragón 2”, o venres 28 será o turno de “Paddington 2” e, para finalizar, o sábado 29 de decembro os asistentes poderán divertirse coa comedia de aventuras “Una noche en el museo 3”. En todos os casos as proxeccións comezarán ás 18 horas.