Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É a décimo sétima edición do certame, co que se quere exalzar esta tradición do Nadal

- O prazo para inscribirse no certame está aberto ata o día 27

belenart9

Valga, 7 de decembro de 2018.

A Concellería de Cultura de Valga convoca unha nova edición do concurso de beléns, no que poden participar particulares, casas comerciais, asociacións e outras entidades de Valga. Os interesados en tomar parte neste certame poden inscribirse na Casa do Concello ou no Auditorio Municipal. O prazo estará aberto ata o vindeiro 27 de decembro.

O xurado, integrado por representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén, visitará os beléns participantes na xornada do sábado 29 de decembro. Os tres mellores nacementos recibirán premios, que se entregarán o día 5 de xaneiro, coincidindo coa cabalgata de Reis.

Esta é a décimo sétima edición do concurso de beléns, co que se que busca enxalzar esta tradición típica do Nadal que, partindo da representación do nacemento de Xesús, pode acadar a máis ampla diversidade.

concursobelens

Volver