- Veciña da Tarroeira, era a segunda muller máis lonxeva de Valga logo de cumprir 100 anos o pasado xuño
- Os actos fúnebres na súa memoria terán lugar mañá venres ás 12 horas na igrexa de San Miguel
Valga, 6 de decembro de 2018.
O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento, na xornada de onte, de María Juana Martínez Posse aos 100 anos de idade. O goberno local, en nome de todos os valgueses, transmite as súas condolencias á familia e aos achegados da centenaria.
Esta veciña da Tarroeira era a segunda muller máis lonxeva do municipio, despois de cumprir 100 anos o pasado 25 de xuño. Naquela xornada o alcalde, José María Bello Maneiro, e outros membros do goberno municipal visitárana para felicitala en nome de todos os veciños de Valga e agasallárana cun ramo de flores e unha placa conmemorativa na que podía lerse a lenda “O Concello de Valga a María Juana Martínez Posse no día do seu 100 aniversario”.
A capela ardente está instalada na sala número 2 do Tanatorio Iria-Flavia (Padrón) . Mañá venres ás 12 horas celebraranse na igrexa de San Miguel de Valga os actos fúnebres.