- Executáronse obras menores e dotouse ao centro de novo material por valor de 17.876’76 euros
- Os traballos adxudicáronse á empresa Imagen, Hostelería y Oficinas S.L.
Valga, 5 de decembro 2018.
A Xunta de Galicia concedeu ao Concello unha subvención por valor de 17.876'76 euros para a mellora das infraestruturas e do equipamento da Escola Infantil Municipal. O proxecto é cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Feder Galicia 2014-2020.
Os traballos foron adxudicados á empresa Imagen, Hostelería y Oficinas S.L., que acometeu obras menores por valor de 7.839’81 euros, entre elas a colocación de portas ou a instalación dun forno industrial e unha placa vitrocerámica.
Tamén se adquiriu equipamento valorado en 8.639’40 euros, por exemplo estanterías e material didáctico e de xogo, e investíronse 1.392’55 euros na dotación de conexión a internet e na adquisición de dispositivos (ordenador e impresora).