Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a instalación de depuradoras nas Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel

- As empresas teñen de prazo 15 días hábiles para presentar as súas ofertas

saneamento

Valga, 4 de decembro 2018.

O Concello de Valga vén de licitar obras de saneamento por valor de máis de medio millón de euros. Trátase do proxecto “Saneamento no Concello de Valga”, que inclúe a colocación de colectores en distintas parroquias e tamén a instalación de varias depuradoras e pozos de bombeo. O orzamento total ascende a 509.969’17 euros.

As empresas contan cun período de 15 días hábiles –contados a partir de mañá- para presentar as súas ofertas, rematando este prazo ás 14:30 horas do próximo 19 de decembro.

Os lugares nos que se executarán as obras de mellora e ampliación da rede de saneamento son Balleas-Socastro, Outeiriño-Baño-Carballiño, Sixto, Chenlo, Raxoi, Bronllo-Cernadas e Vilar. Está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

A execución dos colectores realizarase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometida das vivendas. As obras fináncianse con cargo ao Plan Concellos e o prazo de execución é de dous meses.

A ampliación da rede municipal de saneamento está a ser unha prioridade para o goberno municipal. Con este tipo de investimentos mellórase a evacuación das augas residuais procedentes das viviendas, o que permite a eliminación de pozos negros e fosas sépticas e evita posibles focos de contaminación ambiental.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver