- O alcalde destaca o gasto social e a prestación de servizos á poboación como os dous aspectos fundamentais do presuposto
- A orde inclúe a aprobación inicial da modificación puntual nnúmero 3 do PXOM
Valga, 28 de novembro de 2018.
O goberno municipal de Valga presentará esta semana ao Pleno a súa proposta de orzamentos para o exercicio 2019. Será o venres, nunha sesión extraordinaria convocada para as 20:15 horas.
Os presupostos ascenden a un total de 5.451.307 euros tanto no capítulo de gastos como no de ingresos. O alcalde, José María Bello Maneiro, destaca o gasto social e a prestación de servizos á poboación como as dúas liñas fundamentais desta proposta de orzamentos, que onte martes se tratou na Comisión Informativa especial de Contas.
A orde do día do Pleno inclúe, ademais, a aprobación inicial da modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), coa que se pretende actualizar aspectos concretos da regulación de usos, parcelamentos, cómputo da edificabilidade e condicións de edificacións, así como aclarar a interpretación de determinados aspectos da actual normativa urbanística.