- Distintos departamentos municipais e entidades de Valga participaron nesta iniciativa de sensibilización cidadá
- Vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña aprenderán durante nove meses os oficios e albanelería e acondicionamento forestal
Valga, 25 de novembro 2018.
Coincidindo co 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, o Concello de Valga presenta o flashmob “O ruxido”, que conta coa participación de distintos departamentos municipais e entidades valguesas. Pode verse no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Y7MTiWPFEI0
O vídeo, promovido en colaboración coa Deputación provincial, forma parte da campaña de sensibilización cidadá e prevención da violencia machista que a Concellería de Igualdade vén desenvolvendo durante este mes de novembro con motivo do 25N.
O Concello quere agradece a súa implicación de todos os participantes:
- Traballadores municipais
- Asociación Amigos do Belén
- Asociación Artesanal de Palilleiras “A Bella Otero”
- Asociación Asdivalu
- Asociación Axentiva
- Asociación Cultural e Xuvenil “A Eira”
- Asociación de Mulleres Rurais “Albor”
- Bibliotecas Municipais- Campus Sénior
- Centro de Día
- CODI
- Colexio Baño-Xanza
- Colexio Xesús Ferro Couselo
- Coral Polifónica Santa Comba
- Educación de adultos
- Escola Municipal de Música
- Escola Infantil Municipal
- Escola Municipal de Patinaxe
- IES de Valga
- Protección Civil
- Ximnasio Municipal
Monólogos contra a violencia machista
Esta noite o Auditorio Municipal acollerá unha nova actividade contra a violencia de xénero. Trátase dos monólogos “Miña casiña, meu lar”, que reflexionan dende un punto de vista humoristico sobre a crúa situación das mulleres maltratadas. A sesión dará comezo ás 18:30 horas con entrada de balde para o público.