Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Dentro deste módulo realizaron prácticas de traballos en altura con arneses de seguridade

- Vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña aprenderán durante nove meses os oficios e albanelería e acondicionamento forestal

riscoslaborais1

Valga, 24 de novembro 2018.

 O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, no que participan vinte persoas desempregadas dos concellos de Valga e Moraña nas especialidades de albanelería e acondicionamento forestal, remataron esta semana a formación en prevención de riscos laborais, complementaria aos oficios que van a aprender durante os nove meses de duración do proxecto formativo.

Tratouse dun módulo de sesenta horas de duración centrado en medidas preventivas de accidentes laborais e nas técnicas de primeiros axulios. No caso dos alumnos de albanelería, o módulo completouse con outra sesión de seis horas específica para este oficio.

Esta formación trata de concienciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo, axudándoos a identificar e analizar os riscos xerais e específicos da súa actividade. No transcurso da mesma, os participantes realizaron prácticas con arneses de seguridade e liñas de vida en traballos en altura e con escaleiras. Tamén practicaron a reanimación cardiopulmonar e aprenderon a utilizar o desfibrilador semiautomático.

A directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, destaca que se trata “dunha formación moi importante xa que, desde o comezo do proxecto, estamos a velar especialmente pola seguridade e a prevención de riscos laborais”.

Na mesma liña de cumprimento das obrigas de vixiancia da saúde, o persoal do Obradoiro de Emprego xa ten fixada a a data para realizar os recoñecementos médicos de todos os participantes.

riscoslaborais2 riscoslaborais3

Volver