Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A representación teatral, inspirada no traballo das pementeiras de Herbón, trata de potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino

- A programación do Concello con motivo do 25-N continúa mañá coa música de Camerata Valguesa e o domingo cos monólogos “Miña casiña, meu lar”

Pementeiras1

Valga, 23 de novembro 2018.

Alumnado de 6º curso de Primaria do colexio Xesús Ferro Couselo, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES de Valga e usuarios do CODI asistiron esta mañá no Auditorio á representación teatral “Pementeiras” a cargo da compañía Xoré Teatro, unha actividade enmarcada na programación do Concello con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

“Pementeiras” é un proxecto pedagóxico que ten como obxectivo potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino. A historia está inspirada no traballo das mulleres pementeiras de Herbón, que desempeñan un papel fundamental na produción e distribución deste producto. Pero, aínda así, o seu traballo no é igual de valorado que o dos homes, senón que se considera, na maioría dos casos, un complemento da principal fonte de ingresos do fogar.

Durante a obra ponse en escena a situación das mulleres pementeiras, que podería extrapolarse ao resto de mulleres do rural galego que traballan en explotacións agrarias ou gandeiras similares, co propósito de conseguir que o seu labor sexa máis valorado pola sociedade e por elas mesmas.

A representación narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía (Rebeca Oliveira), unha muller nova, que ten grandes inquedanzas e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional e que se anima a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. E, por outro lado, Dosinda (Ana Domínguez), unha muller tradicional arraigada aos valores do patriarcado e que non amosa ningún interese por mellorar laboral, social ou familiarmente. No transcurso da obra, Sofía axuda a Dosinda a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios.

Continúan as actividades durante a fin de semana

As actividades de sensibilización cidadá e prevención da violencia machista promovidas polo Concello con motivo do 25N continúan durante a fin de semana. Mañá sábado a agrupación Camerata Valguesa ofrecerá no Auditorio o concertó “Música contra a violencia de xénero”. Comezará ás 21 horas con entrada de balde para o público.

E o domingo, Día Internacional contra a violencia de xénero, os monólogos “Miña casiña, meu lar”, reflexionarán dende un punto de vista humorístico sobre a crúa situación das mulleres maltratadas. Será tamén no Auditorio a partir das 18:30 horas e con entrada gratuíta.

As actividades pecharanse o xoves 29 de novembro co contacontos pola igualdade “Unha feliz catástrofe”, sobre a participación de toda a familia nos traballos domésticos. É organizado polas bibliotecas municipais e terá lugar a partir das 17:30 horas na biblioteca de Cordeiro.

Pementeiras2 Pementeiras3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver