- A sesión oral a cargo de Cris de Caldas irá seguida dun obradoiro de manualidades
- Diríxese a nenos a partir de 4 anos e público familiar, con entrada de balde
Valga, 15 de novembro 2018.
O Auditorio Municipal recibe este domingo á contacontos Cris de Caldas e ao seu espectáculo “Rosa non é unha cor”, que trata de rachar cos estereotipos sexistas e os roles de xénero. Nin o rosa é unha cor de nenas, nin o azul de nenos. E o mesmo sucede cos xoguetes, os contos e tantas outras cousas.
Na sesión oral transmitiranse tamén mensaxes de formento da igualdade e o respecto e irá acompañada dun obradoiro de manualidades que reforzará os valores traballados cos contos.
Esta actividade, que conta coa colaboración da Deputación Provincial, diríxese a nenos a partir de 4 anos de idade e ao público familiar. Dará comezo ás 18 horas con entrada de balde.
Con este contacontos dá comezo a programación deseñada pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se conmemora o vindeiro día 25.