Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alcaldes de Valga e Moraña e o delegado da Xunta inauguraron esta mañá un novo obradoiro

- Vinte persoas desempregadas formaranse durante nove meses nas especialidades de albenelería e forestal

comezoobradoiro9

Valga, 12 de novembro de 2018.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, a súa homóloga de Moraña, Luisa Piñeiro, o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, inauguraron esta mañá o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, que conta coa participación de dez desempregados valgueses e outros tantos de Moraña. No acto participou tamén a directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal.

Os vinte alumnos formaranse nas especialidades de albanelería e forestal durante ao tempo que percibirán o salario mínimo interprofesional, unha remuneración económica que suporá unha axuda importante para eles e as súas familias. Durante nove meses, os participantes compaxinarán a formación teórica coa execución de obras de utilidade pública. No caso de Valga, os traballos que se proxectan son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e a mellora de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

O orzamento do proxecto ascende a 348.807 euros, dos que case 290.000 son aportados pola Xunta de Galicia e a parte restante polos dous concellos participantes.

José María Bello Maneiro pediu ao alumnado seleccionado “Implicación e interese” para que este período formativo sexa “positivo” para eles e para o seu futuro laboral. No anterior Obradoiro de Emprego, que se desenvolveu entre 2017 e 2018, a metade dos alumnos conseguiron insertarse no mercado laboral.

O delegado da Xunta, pola súa parte, felicitou aos concellos de Valga e Moraña por “ser capaces de unirse para sacar adiante proxectos conxuntos. Son un exemplo de como facer as cousas”.

A actividade do Obradoiro comezou esta mañá co módulo de prevención de riscos laborais, que terá unha duración de 60 horas.

comezoobradoiro1 comezoobradoiro3 

comezoobradoiro4 comezoobradoiro2

comezoobradoiro6 comezoobradoiro5

comezoobradoiro8

 

Volver