- Impártese en colaboración coa Fundación ONCE
- A actividade trata de contribuír á plena inclusión social e laboral das persoas con discapacidade
Valga, 10 de novembro 2018.
Unha ducia de persoas con discapacidade asisten a partir do luns no Auditorio Municipal a un obradoiro de competencias dixitais de nivel inicial que se imparte en colaboración co Programa Inserta da Fundación ONCE.
O curso diríxese exclusivamente a persoas con discapacidade co obxectivo de favorecer a súa plena inclusión social e posibilitar a súa integración no mercado laboral a través da formación. Prolongarase ata o 30 de novembro con sesións os luns, mércores e venres en horario de tarde.
Unha vez remate este taller de nivel inicial, dará comezo un segundo curso de ofimática de nivel avanzado que se desenvolverá ata finais de decembro.