Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Manuel Villar Touceda foi nomeado, ademais, como o mellor director do certame

- O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Ramona Otero e Begoña Piñeiro acudiron a arroupar á agrupación local no Auditorio de Galicia

BANDAVALGA2

Valga, 4 de novembro de 2018.

A Banda de Música Municipal de Valga proclamouse esta tarde gañadora do XII Certame Galego de Bandas de Música na Sección Primeira. E, ademais, Manuel Villar Touceda foi nomeado como o mellor director do certame.

A agrupación valguesa ofreceu unha actuación maxistral na que interpretou o pasodobre de presentación "Saúdo a Lugo", de Indalecio Fernánez Groba; obra obrigada de autoría galega "Suite Istoria", de Gerardo Israel Quintas Alonso; e a obra de libre elección "Extreme Make-Over", de Johan de Meij. Tivo como competidoras na Sección Primeira, de bandas de máis de 71 músicos, á Banda de Lalín e á portuguesa Sociedade Musical de Pevidém. Con esta última agrupación procedente de Guimarães, o Certame abriuse por vez primeira á participación de bandas internacionais.

Á actuación da Banda Municipal de Valga, que tivo lugar ás 17 horas no Auditorio de Galicia, asistiu numeroso público, moitos familiares dos músicos e tamén veciños do municipio que non deixaron pasar a oportunidade de apoiar á Banda neste importante evento. Entre os asistentes estiveron o alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Begoña Piñeiro e Ramona Otero, esta última responsable da Escola Municipal de Música. Os representantes do goberno local felicitaron aos músicos polo seu fantástico traballo que se viu recompensado co primeiro premio dotado con 4.000 euros. Pola súa participación no certame a Banda recibe, ademais, unha gratificación de 2.500 euros.

O xurado, conformado polo director de orquestra británico Douglas Bostock, a directora da Banda de Mulleres da Federación de Sociedades da Comunidade Valenciana, Mercedes Femenía, e o pianista, compositor e director valenciano Ferrer Ferran, valorou a afinación, planos sonoros, calidade sonora, técnica, dinámicas, articulación, musicalidade e interpretación xeral de cada unha das bandas participantes. Outorgaron á Banda Municipal de Valga 457’5 puntos, mentras que a Banda de Lalín foi segunda con 411 e a Sociedade Musical de Pevidém terceira con 379’5 puntos. Ademais, o director da agrupación valguesa, Manuel Villar Touceda, foi premiado como o mellor director do certame.

Os premiados déronse a coñecer a última hora da tarde durante a clausura do Certame, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Asistiu a este acto o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta, Román Rodríguez, que afirmou que “as nosas bandas de hoxe son un orgullo para Galicia, posto que están aos mellores niveis de España, sen dúbida algunha”.

Banda de Música Municipal de Valga BANDAVALGA2

xuradobandas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver