Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os cambios nas tarifas non afectan aos veciños de Valga, senón unicamente ás empresas e ás persoas doutros concellos que queiran utilizar o servizo

- O punto limpo está aberto os martes pola mañá e os venres pola tarde de forma provisional

 

Valga, 2 de novembro de 2018.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a revisión dos prezos públicos do Punto Limpo e da Planta de Residuos da Construcción.

As modificacións nos prezos non afectan aos veciños do concello de Valga, que seguen mantendo as mesmas condicións que ata o de agora para utilizar o servizo. Os cambios introducidos nas tarifas unicamente se refiren ás empresas e ás persoas empadroadas noutros municipios que queiran empregar o Punto Limpo e a planta de escombros de Campaña.

Nestes momentos o Punto Limpo abre os martes pola mañá e os venres pola tarde. É unha situación provisional derivada dos problemas que afectan á empresa concesionaria, Soil Recovery, que se declarou en quebra e entrou en concurso de acreedores. Esta semana aprobouse nun Pleno extraordinario a rescisión do contrato a esta empresa para iniciar un novo procedemento de contratación do servizo.

Volver