Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Acondicionaranse camiños de acceso, os aseos públicos e a zona da praia fluvial

- As empresas teñen de prazo para presentar ofertas ata o día 12 de novembro

parqueIMD

Valga, 24 de outubro de 2018.

O Concello de Valga saca a contratación un novo proxecto de mellora de espazos públicos, neste caso o acondicionamento do Parque Irmáns Dios Mosquera, no que se investirán 62.080’22 euros.

 As obras que se executarán neste entorno inclúen o arranxo de camiños de acceso ao parque coa instalación de pavimento de adoquín, o acondicionamento de aseos públicos e varias actuacións na zona da praia fluvial.

En concreto, dotarase a área de baño dun aliviadoiro para evitar danos en épocas de chuvia e aumento do caudal. Tamén se acondicionará o cauce do regato e reforzarase con cachote de pedra para evitar arrastres durante as crecidas e, por último, acometeranse melloras eléctricas nesta zona de praia.

As empresas poden presentar ofertas para optar a este contrato ata as 14:30 horas do día 12 de novembro no rexistro do Concello. Unha vez se asine o contrato, o adxudicatario contará cun prazo de 60 días para executar as obras.

Volver