Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto conta cunha subvención de 30.687 euros do programa europeo Leader

- O Concello quere seguir potenciando e diversificando as actividades do centro para discapacitados

fornocodi1

Valga, 29 de outubro de 2018.

Nos últimos días remataron, nos exteriores do CODI, os traballos de construción dun local para a instalación dun forno de cerámica que permitirá ampliar as actividades deste centro para discapacitados coa posta en marcha dun novo obradoiro. Esta foi a primeira fase das obras, valoradas en 40.592 euros, e que se completarán na vindeira anualidade coa adquisición e instalación do forno.

Este proxecto conta cunha subvención de 30.687’55 euros do programa europeo Leader concedida ao Concello polo Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla-Umia. A administración municipal quere, con iniciativas coma esta, seguir potenciando o Centro Ocupacional para persoas con discapacidade e Baño e diversificar a súa oferta de actividades, co fin de seguir mellorando a calidade de vida dos seus usuarios, contribuír a incrementar as súas capacidades e nivel educativo e, en definitiva, favorecer a integración das persoas con diversidade funcional.

Actualmente o centro xa ten en funcionamento outros obradoiros de reciclaxe de aparatos eléctricos e electrónicos, musicoterapia, estimulación cognitiva, manualidades e cultivo de hortalizas nun invernadoiro.

fornocodi2 fornocodi3

Volver