- Diríxense a persoas a partir de 16 anos de idade
- As inscricións poden realizarse chamando aos teléfonos 986 559 456 ou 986 555 769
Valga, 30 de outubro de 2018.
A Aula CeMIT de Valga, emprazada no Auditorio Municipal, comeza a impartir a vindeira semana senllos cursos de iniciación á informática e procuras na rede. Trátase de dúas actividade gratuítas dirixida a persoas a partir de 16 anos de idade.
Hai doce prazas dispoñibles en cada curso e as persoas interesadas poden inscribirse chamando aos números de teléfono 986 559 456 ou 986 556 769.
No caso do curso de iniciación á informática as clases impartiranse en horario de tarde, os martes e os xoves entre as 16 e as 17:30 horas e incluirán os seguintes contidos:
- Acender e apagar correctamente o ordenador
- Manexar o rato e o teclado con soltura
- Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do sistema operativo
- Aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, eliminar, copiar…)
- Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete ou memoria USB)
- Crear, editar e imprimir un documento cun editor de textos
As sesións do curso sobre procuras na rede serán pola mañá, de 10 a 11 horas, tamén os martes e os xoves. Neste caso os contidos serán os seguintes:
- Introdución ao funcionamento dos buscadores
- Trucos para buscadores. Busca avanzada
- Recursos en buscadores: web, imaxes, vídeo, libros…
- Metabuscadores
- Outros recursos de busca: directorios, redes de favoritos, blogs, redes sociais, wikis…
- Automatización de buscas: alertas e redes sociais