Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-Trátase dunha adaptación do libro homónimo de María Victoria Morena, autora recoñecida este ano polas Letras Galegas

- A función dará comezo ás 19:30 horas con entrada gratuíta para o público

Mar Adiante1

Valga, 25 de outubro 2018.

O Auditorio Municipal recibe este sábado á compañía Odaiko Crea, que representará a partir das 19:30 horas a obra de teatro “Mar Adiante”, baseada publicación homónima de María Victoria Moreno, autora homenaxeada neste 2018 polo Día das Letras Galegas.

Este libro de contos relata a historia dunha mestra, a propia María Victoria, que converte o “Arroás” nun barco-escola. A adaptación teatral, dirixida a público infantil e familiar, céntrase na historia da Illa dos Paxaros para transmitir valores como a amizade, a importancia dos ecosistemas ou o empoderamento dos mestres, entre outros.

Nesta aventura polo mar, acompañan a María Victoria (encarnada pola actriz Begoña Lorenzo) o capitán Xosé Lois (Juan Collazo), o carpinteiro de ribeira Miguel (Ignacio Vilariño) e o público convertido en tripulación do barco-escola. Na viaxe xurdirán cancións e contos que integrarán aos espectadores na acción, facéndoos partícipes dos xogos musicais e de animación que se propoñan durante a travesía. A entrada á representación é gratuíta.

A función forma parte do programa "María Victoria Moreno a escena", da Deputación provincial.

Mar Adiante

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver