Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aspirantes teñen de prazo para presentar as súas solicitudes ata o vindeiro luns, 29 de outubro

- Valorarase a súa formación e experiencia e terán que realizar, ademais, unha proba práctica

electricista

Valga, 22 de outubro de 2018.

O Concello de Valga ten en marcha o proceso de selección para contratar, en réxime de persoal laboral temporal, a un electricista para cubrir unha praza actualmente vacante por xubilación.

A selección farase mediante o sistema de concurso-oposición e os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública nin se achar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial
  • Acreditar a titulación de Técnico Electricista
  • Carné de conducir B

Os candidatos teñen de prazo ata o vindeiro luns, 29 de outubro, para presentar no rexistro do Concello as solicitudes (o impreso poden descargalo premendo AQUÍ) acompañadas da seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do carné de conducir B
  • Diploma acreditativo da titulación de Técnico Electricista
  • Formación complementaria (cursos…) que teña que ver co posto de traballo.
  • Vida laboral
  • Copia de contratos de traballo ou certificados que acrediten a prestación de servizos de electricista

Valoraranse as capacidades dos aspirantes mediante a realización dunha proba práctica consistente no manexo e realización de operacións eléctricas, así como de montaxe e mantemento de redes eléctricas de segunda e terceira categoría, valorando o tribunal a destreza e o tempo empregado. Tamén se terán en conta os méritos de cada candidato, en concreto a formación e a súa experiencia laboral.

A persoa seleccionada será contratada a xornada completa por un período inicial de cinco meses prorrogables ata cubrir a praza. Quedará adscrita ao Servizo de Operarios de usos múltiples e as funcións a realizar serán as propias do persoal asignado ao servizo de obras do Concello e, en concreto, tarefas relacionadas con instalacións eléctricas en edificios e instalacións públicas.

As bases da convocatoria poden descargarse AQUÍ.

Volver