- Agasallouna cun ramo de flores e unha placa conmemorativa do seu 100 aniversario
- É a cuarta veciña de Valga que supera o século de vida
Valga, 21 de outubro de 2018.
Jesusa Elvira Pardal Leoni, veciña de Campo, na parroquia de Xanza, está a celebrar hoxe unha data moi especial: o seu 100 aniversario.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e outros representantes do goberno municipal, visitárona este mediodía no seu domicilio para felicitala en nome de todos os valgueses e agasallada cun ramo de flores e unha placa coa lenda “O Concello de Valga a Jesusa Elvira Pardal Leoni no día do seu 100 aniversario”.
Con ela son catro as centenarias valguesas, todas elas mulleres. María Bouzas Senín, de Cerneira e con 102 anos, é a veciña máis lonxeva do municipio. E durante este ano tamén superaron o século de vida María Juana Martínez Pose, da Tarroeira, e María Josefa Senín Otero, de Rexenxo.