Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Francisco Pico, vixente campión autonómico, acadou a victoria

- O público respondeu a esta cita anual co motor que tivo lugar nas inmediacións do complexo deportivo de Campaña

slalom1

Valga, 15 de outubro de 2018.

A décimo terceira edición do Slálom “Memorial Xosé Ramón Santos”, que se disputou onte domingo en Campaña, contou coa participación dun total de dezasete pilotos.

A proba, que lembra ao piloto e concelleiro de Valga Xosé Ramón Santos, falecido en 2005, tivo como gañador a Francisco Pico, vixente campión autonómico, cun tempo de 1:51:212. Completaron o podio Daniel Lamas e Manuel Trevín, que se está a xogar o Campionato Galego co cuarto clasificado, Iván Picallo.

A disputa do Slálom “Memorial Xosé Ramón Santos” prolongouse dende a mañá nas inmediacións das instalacións deportivas de Campaña, onde se habilitou un circuíto urbano no que se correron dúas roldas de entrenos e outras dúas mangas oficiais. A clasificación xeral foi a seguinte:

Slalom Clasificacion

Ao remate da proba automovilística entregáronse premios en metálico de entre 320 e 80 euros aos seis primeiros pilotos da clasificación xeral e tamén trofeos aos mellores de cada agrupación. O que fora copiloto de Xosé Ramón Santos e membro da organización, Joel Souto, doou o seu premio –foi sexto na clasificación xeral- á asociación Sonríe, que traballa pola prevención do cancro e presta atención aos enfermos e ás súas familias. Este colectivo instalou durante toda a xornada en Campaña un stand de venda de diferentes artigos para recadar fondos para esta causa benéfica.

No acto de entrega de premios participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro Maneiro, o edil de Seguridade, José Lagos, ademais dos pais de Xosé Ramón Santos, Elisa Fernández e Ramón Santos.

slalom2 slalom3

slalom4 slalom5

slalom6 slalom7

Volver