Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os usuarios e persoal dos catro centros emularon ás tunas cantando cancións populares e habaneras

- A concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, asistiu á actividade

tunas1

Valga, 11 de outubro de 2018.

O Centro de Día de Valga celebrou esta mañá a cuarta edición do Encontro Intercentros das Tunas de Maiores, unha actividade coa que festexa cada ano o Día do Maior, que se conmemorou o pasado 1 de outubro.

Os anfitrións contaron co acompañamento dos usuarios e persoal doutros tres centros da contorna: Portas, Rois e Dodro, que participaron nunha xornada de convivencia e ledicia.

Emulando ás tunas, subiron ao escenario do Auditorio para cantar cancións populares e habaneras. E non só presumiron de voz, senón tamén de sentido do humor vestindo chamativos disfraces. Nesta ocasión, e por vez primeira, houbo competición e entregáronse premios ás mellores interpretacións.

O disco de bronce compartírono os centros de día de Rois e Dodro, o disco de prata foi para Portas e a victoria en forma de disco de ouro recaeu en Valga.

A actividade contou coa asistencia da concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro.

tunas2 tunas3

tunas4 tunas5

tunas6 tunas7

tunas8 tunas9

tunas10 tunas11

Volver