- A actuación, que se levou a cabo nunha das marxes da estrada N-550, está pendente da retirada dun poste do alumeado por parte de Fomento
- O goberno local agradece ao propietario da parcela a cesión desinteresada dos terreos
Valga, 11 de outubro de 2018.
O Concello rematou nos últimos días os traballos de retranqueo dun muro no lugar das Cernadas (Setecoros), na marxe dereita da estrada N-550 en dirección Pontevedra. Esta actuación executouse co obxectivo de ensanchar o acceso a un grupo de vivendas para que poidan entrar as ambulancias medicalizadas e outros vehículos de servizos.
A mellora está pendente agora da retirada dun poste do alumeado da estrada N-550 por parte do Ministerio de Fomento. Para intentar axilizar estes traballos, o alcalde, José María Bello Maneiro, acudirá próximamente a unha reunión na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
O Concello agradece a colaboración do propietario da parcela por ceder desinteresadamente os terreos necesarios para acometer esta mellora.