Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O grupo, fundado en 2007 e dirixido por Pere Molina, traballa pola recuperación da dulzaina e o tabal, dous instrumentos tradicionais

- O concerto dará comezo ás 21 horas con entrada gratuíta para o público

colla1

Valga, 10 de outubro de 2018.

O Auditorio Municipal recibe este sábado, 13 de outubro, a unha representación da música tradicional da Comunidade Valenciana, a Colla “La Socarrá”, de Xátiva, unha agrupación centrada na recuperación e uso de dous dos instrumentos máis significativos do folclore valenciano, a dulzaina e o tabal. O concerto, con entrada gratuíta para o público, dará comezo ás 21 horas.

O repertorio de “La Socarrá” abarca dende típicas melodías tradicionais valencianas, coas que se acompañan os bailes rexionais, ata composicións específicas para este tipo de agrupacións nas que se incorporan a percusión e varias voces.

No seu concerto no Auditorio de Valga ofrecerán un repertorio cos seguintes temas:

  • “Alferes i dolçainer”, pasodobre de Toni Lloret
  • “Raïm i fusta”, suite de Rafael Faus Uris
  • “Nit de bruixes”, poema sinfónico de Antoni de la Asunción
  • “Tabal i saragüells”, paso masero de Mario Roig
  • “Allarga el pas”, pasodoble de Toni Lloret
  • “Xàquera”, melodías tradicionais con arranxos de Juanra Martí
  • “Fantasies”, suite de Antonio de la Asunción
  • “Tributo a Frank Sinatra”, con arreglos de Pasqual Salort

Historia da Colla “La Socarrá” de Xátiva: creouse no ano 1997 e dende entón traballa pola conservación da música tradicional da súa rexión participando en pasarrúas, procesións ou actuacións de canto e baile valenciano. No ano 2008, e para celebrar o seu décimo aniversario, promoveron o espectáculo “Stárracos” que se estreou no Gran Teatro de Xátiva e que, ademais, deu nome á primeira gravación do grupo.

A agrupación participou en 2011 no I Curso de Dirección das XI Xornadas de Instrumentos populares de Denia, impartido polo mestre José Rafael Pascual Vilaplana, e en 2015 organizou e participou no I Concurso de Dirección Musical Cidade de Xátiva. Ten colaborado nos espectáculos “Botifarra a banda” e “De banda a banda del Mediterrani” de Pep Gimeno Botifarra, un dos principais expoñentes da música tradicional valenciana. Durante 2017 e neste 2018 o grupo está a celebrar o seu vinte aniversario con diversos actos, concertos e espectáculos.

Director: Pere Molina González (Dénia, Alicante) é director titular e artístico da Orquestra de Cámara de Valencia e director musical do Teatro Serrano de Gandía. Titulado nos conservatorios de Castellón e Valencia nas especialidades de trombón, tuba e pedagoxía, gradúase en Dirección de Orquestra na Royal School of Shervone de Londres coas máis altas calificacións. No 2014 trasládase a París a estudar co prestixioso director de orquestra George Pehlivanian.

Está en posesión do premio Batuta do mestre Tomás Bouffartigue entregado polo Ministerio da cidade da Habana (Cuba) e o premio do Patronato da Orquestra OUSAT de México como mellor director invitado da tempada 2015/2016.

Foi invitado a dirixir algunhas das formacións máis importantes do panorama musical e en España está a facer unha importante labor con novas agrupacións sinfónicas. Dende 2007 é director da agrupación de dulzainas e percusión “La Socarrá” de Xátiva e esta fin de semana, ademais, imparte en Valga xunto a Manuel Villar e Mar Durán o primeiro encontro do Curso de Dirección Musical que organizan a Escola Municipal de Música e o Concello.

colla2

Volver