Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Diríxense a estudantes de segundo ciclo de Infantil, Bacharelato, FP, universitarios, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais

- O prazo de solicitude é de 20 días hábiles e rematará o vindeiro 8 de novembro

 

Valga, 9 de outubro 2018.

As axudas para material e transporte escolar, coas que o Concello trata de favorecer a escolarización en centros públicos e a formación superior nas familias con menos recursos económicos, poden solicitarse a partir de mañá nas oficinas municipais.

As subvencións para material escolar teñen como beneficiario ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil de todos os centros públicos do municipio (colexio de Baño e Centro Rural Agrupado), mentras que as axudas para transporte diríxense a estudantes de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas superiores, universitarios e alumnado con necesidades educativas especiais.

Para solicitar as axudas é preciso cumplir, ademais, unha serie de requisitos:

  • Que a renda per cápita familiar non supere o límite de 6.000 euros.
  • Estar empadroado en Valga e ser fillo dependente económicamente (menor de 25 anos, que conviva no domicilio familiar e que non teña contrato de traballo ou percibira algún tipo de recurso en 2017, excepto bolsas).

O Concello ten reservadas dúas partidas económicas de 6.000 euros para as axudas ao transporte e de 3.000 euros para o material escolar. O importe máximo das subvencións calcularase en función da renda per cápita e, no caso do transporte, da distancia do centro educativo en quilómetros.

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello durante un prazo de 20 días hábiles contados a partir de mañá, rematando o vindeiro 8 de novembro. É preciso aportar o impreso debidamente cuberto (pode descargarse premendo AQUÍ ou solicitarse nas oficinas municipais) xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
  • Fotocopia da declaración da renda de 2017 dos pais ou titores legaisFacturas orixinais ou, no seu caso, certificado selado expedido polo centro educativo que acredite o gasto en material escolar ou libros para o alumnado de Infantil.
  • Certificado da matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula selado pola entidade bancaria para o alumnado de Bacharelato, FP, Universidade, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Declaración responsable de encontrarse ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas (descargar impreso AQUÍ).

Outra documentación complementaria que tamén pode aportarse:

  • Certificado que acredite o grao de minusvalía ou incapacidade igual ou superior ao 33% de algún membro da unidade familiar.
  • Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante 2018 dalgún membro da unidade familiar.
  • Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos proxenitores.

O goberno local lamenta que a concesión das axudas tivera que atrasarse debido a modificacións lexislativas do Goberno central. A liña de subvencións está aprobada pola Xunta de Goberno Local dende o pasado 1 de agosto, se ben o Ministerio esixiu a realización dunha serie de trámites previos á publicación das bases e que foron o motivo real do atraso. 

As bases completas da convocatoria de axudas para material e transporte escolar poden descargarse ou consultarse no seguinte enlace: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/10/09/2018049362

axuda material e transporte excolar

Volver