- Colocaranse sinais nas entradas dende Caldas, Catoira, Cuntis, Pontecesures e A Estrada dando a benvida aos visitantes
- Incorporarán imaxes dos recursos máis emblemáticos do municipio para dar valor a Valga como destino turístico
Valga, 9 de outubro 2018.
O Concello de Valga vai a renovar a sinalización fronteiriza do termo municipal nas principais vías de acceso ao mesmo, actuación para a que conta cunha subvención por valor de 31.374,19 euros de Turismo de Galicia. Esta cantidade representa o 65% do total do orzamento, que ascende a 47.976 euros.
As novas sinais a colocar nas vías de acceso principais terán unha altura de 5 metros por 1,1 de ancho. As que se empracen nas vías de acceso secundarias serán un pouco máis reducidas: 4 metros de alto por 1,1 de ancho. Todas se executarán con estrutura interior de aceiro galvanizado e paneis de revestimendo de aluminio. O deseño estamparase mediante técnicas de impresión dixital con tintas ecosolventes e biodegradables sobre vinilos. Empregarase material reflectante e incorporaranse, ademais, imaxes e ilustracións de recursos emblemáticos do municipio.
A ubicación das sinais de 5 metros de altura será a seguinte:
- Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Tarroeira.
- Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Caldas, á altura da ponte da autopista AP-9.
- Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Pontecesures, no entorno da rotonda da Charca.
- Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Catoira, no Alto de Cordeiro.
As sinais de 4 metros de alto emprazaranse nos seguintes puntos:
- Na estrada PO-220 na entrada a Valga dende Cuntis, en Casaldeirigo.
- Na estrada municipal que da entrada a Valga dende A Estrada, nos Martores.
- Na estrada que comunica Santa Baia (Catoira) con Vilar.
- Na estrada municipal de entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Devesa.
Esta nova sinalización informativa de carácter fronteirizo servirá como delimitadora do termo municipal e, ademais, como recibimento para todos os visitantes, dando valor a Valga como destino de interese turístico. Os traballos foron adxudicados á empresa Señalizaciones Villar S.A., que ofertou como mellora a instalación doutras 55 sinais indicativas de lugares.