Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nos vindeiros días publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos

- O procedemento de selección terá en conta a experiencia e formación dos candidatos, que terán que realizar dúas probas de capacidade e aptitude

 

Valga, 4 de outubro de 2018.

Un total de dez aspirantes presentaron as súas solicitudes para participar no concurso-oposición convocado polo Concello para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de Técnico de Administración Xeral. O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado xoves, 27 de setembro e nos vindeiros días publicaranse as listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos.

O procedemento de selección constará de dúas fases. Unha primeira de concurso (ata un máximo de 40 puntos) na que se terá en conta a experiencia profesional, a formación e outros aspectos socioeconómicos como atoparse en situación de desemprego. A segunda fase de oposición (ata un máximo de 60 puntos) conlevará a realización de dúas probas de capacidade e aptitude que terán carácter eliminatorio.

A cualificación final será a suma da puntuación obtida en cada unha das fases.

O Concello de Valga convocou este procedemento selectivo ante a necesidade e urxencia de cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira.

Volver