- A mostra colectiva pode verse ata o vindeiro 31 de outubro
- Suso Moure, Luz Dasilva, José Garrido e Lourdes García aportan unha trintena de obras
Valga, 2 de outubro de 2018.
“Pintando entre amigos” é a exposición que pode verse ata finais do mes de outubro no Auditorio Municipal e que está protagonizada por alumnado da escola de pintura da asociación Adeval.
A mostra, na que obras pictóricas e escultóricas comparten espazo, é unha homenaxe póstuma ao artista valgués Pepe Potel, socio fundador da asociación e impulsor da súa escola falecido este verán.
Suso Moure, Luz Dasilva, José Garrido e Lourdes García Rial son os catro artistas que toman parte nesta exposición colectiva integrada por unha trintena de obras. No apartado de pintura predominan os cadros costumistas, ndede temáticas e motivos africanos ata paisaxes do entorno máis próximo.
As obras escultóricas, pola súa parte, están realizadas con materiais de refugallo, principalmente madeira e metacrilato.
“Pintando entre amigos” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións do Auditorio ata o día 31 de outubro.