Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde e son gratuítas para as familias

- Ademais de clases de reforzo escolar, os rapaces poderán elixir entre propostas deportivas, culturais e lúdicas

cole ferrocouselo

Valga, 2 de outubro 2018.

A Concellería de Educación de Valga oferta, un curso máis, ás familias de escolares matriculados nos centros educativos do municipio unha serie de actividades extraescolares para favorecer a conciliación laboral e familiar. Ademais de clases de reforzo educativo, estase a deseñar un programa que inclúe tamén propostas deportivas, lúdicas e culturais co fin de ofertar a maior variedade posible para que os rapaces teñan á súa disposición actividades que lles gusten e coas que se sintan motivados.

Estas actividades de conciliación, que son gratuítas para as familias, tratarán de fomentar entre os nenos os valores da igualdade, o compromiso e o traballo en equipo e tamén incidirán na importancia de compartir. Desenvolveranse de luns a venres durante todo o curso 2017/2018 en horario de tarde, unha vez rematada a actividade escolar. No CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza terán lugar entre as 15:30 e as 17:30 horas, mentras que no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Cordeiro comenzarán ás 16 e prolongaranse ata as 18 horas.

Para participar é preciso cubrir a correspondente folla de inscrición, que pode descargarse premendo AQUÍ, e entregala no Concello, no Auditorio ou nos propios colexios. O prazo permanecerá aberto ata o día 10 de outubro e o comezo das actividades anunciarase a través da páxina web do Concello (www.valga.gal), onde se poderá consultar tamén a listaxe de inscritos.

conciliación

Volver