Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nenos a partir de 6 anos e adultos poden anotarse na OMIX ou no Auditorio ata o vindeiro 11 de outubro

- Precísase dun mínimo de dez persoas participantes para que a actividade se leve a cabo

teceendo

Valga, 1 de outubro de 2018.

O obradoiro de creación de xoguetes tradicionais, que se desenvolverá durante os meses de outubro e decembro no Auditorio Municipal dentro do programa provincial “Tecendo Lazos”, amplía o seu prazo de inscrición ata o día 11 deste mes.

A actividade deberá contar cun mínimo de dez persoas participantes e un máximo de trinta, das cales o 40% terán que ser menores, xa que un dos seus obxectivos e favorecer o contacto interxeracional no ámbito do tempo libre e do lecer e fomentar a aprendizaxe e o intercambio de ideas e valores para fomentar os lazos afectivos entre persoas de distintas xeracións. As persoas interesadas en participar poden obter máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) ou no Auditorio.

A actividade terá unha duración de 16 horas e impartirase os mércores de 16:30 a 18:30 horas a partir do día 24 e outubro e prolongarase ata o 12 de decembro. O obradoiro tratará de fomentar o traballo en equipo e a colaboración recompilando información sobre os xogos e xoguetes tradicionais para confeccionar, con posterioridade, os elementos de xogo. Trátase de promover, nas persoas maiores, o envellecemento activo que mellore a súa actividade física, cognitiva e social e, nas persoas máis novas, impulsar as habilidades sociais e a empatía cara o resto das xeracións.

O obradoiro incluirá, ademais, un módulo denominado “A historia do meu municipio”, a través do cal se recompilarán historias, lendas, contos ou fotografías de Valga para promover a transmisión de coñecementos e dar a coñecer as tradicións e novos relatos coas achegas do alumnado participante.

Poden inscribirse nesta actividade persoas a partir de 6 anos de idade. Terán preferencia aquelas que forman parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados por unha persoa adulta, mentras que os mozos de entre 12 e 17 anos que queiran acudir sós terán que presentar o consentimento por escritos dos pais ou titores.

0001

Volver