Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O conselleiro de Cultura e os directores de Turismo de Galicia e do Agadic asistiron ao espectáculo

- A música tradicional galega regresará a Valga o vindeiro 3 de noviembre coa actuación doutro dos grupos de referencia, Milladoiro

treixadura1

Valga, 1 de outubro de 2018.

Máis de medio milleiro de persoas abarrotaron na tarde de onte o Auditoiro Municipal para presenciar un dos concertos máis agardados dos últimos tempos en Valga, o que ofreceu unha das agrupacións máis representativas da música tradicional galega: Treixadura Durante case dúas horas, transmiteu forza, emoción e ledicia ao público cun repertorio no que non faltaron foliadas, pasodobres e muiñeiras e que serviu de presentación do seu último disco, “Inda Canto”, o sétimo en 28 anos de traxectoria.

Entre os espectadores que aplaudiron a actuación de Treixadura estiveron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os directores de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. Estiveron acompañados polo alcalde, José María Bello Maneiro, e outros membros do equipo de goberno.

O espectáculo de Treixadura puxo en pé ao público valgués. O grupo mantén dende os seus comezos un estilo moi recoñecible co que trata de poñer en valor e achegar ao gran público a música tradicional galega ao a través de composicións propias e antigas que respectan a tradición.

O concerto de onte foi cofinanciado por Turismo de Galicia e o Agadic a través do programa “Cultura no Camiño” e con el o grupo puxo fin a unha xira de verán que os levou a actuar nunha trintena de vilas e cidades de Galicia.

A música tradicional galega regresará ao Auditorio Municipal o vindeiro 3 de novembro coa actuación doutro dos grupos de referencia: Milladoiro. O concertó será gratuíto para o público, que previamente deberá retirar as entradas nas oficinas municipais.

 treixadura2 treixadura3

treixadura4 treixadura5

treixadura6 treixadura7

treixadura8 treixadura9

treixadura10 treixadura11

Volver