- A adxudicación recaeu en Instalaciones Nurmel S.L. por un prezo de 11.441 euros
- O alcalde e un representante da empresa asinaron o mércores o contrato
Valga, 28 de setembro de 2018.
O Concello vén de renovar o contrato de subministro de pellets de madeira para usos térmicos destinados ás instalacións de calefacción de edificios e locais públicos. A empresa adxudicataria foi Instalaciones Nurmel S.L. e o prezo do contrato, 11.441’76 euros.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e un representante da empresa concesionaria asinaron a mediados desta semana o contrato, que ten unha duración dun ano con posibilidade de prórrogas de seis meses ata unha duración máxima de catro anos.