- Terá lugar o día 8 de outubro, luns, entre as 12 e as 13:30 horas
- É unha actividade que conta coa colaboración da Escola Galega de Consumo
Valga, 28 de setembro de 2018.
A Aula CeMIT ten aberta a inscrición para asistir a unha charla sobre “Publicidade no punto de venda” que terá lugar o vindeiro 8 de outubro, luns, entre as 12 e as 13.30 horas. Os interesados en asistir poden anotarse chamando aos números de teléfono 986 55 94 56 ou 986 55 67 69. A actividade diríxese a persoas a partir dos 16 anos de idade.
A charla será retransmitida por videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo. Nela analisarase a publicidade como o conxunto de estratexias coas que unha empresa dá a coñecer os seus produtos ao resto da sociedade. É, polo tanto, unha estratexia de marketing que busca situar os produtos no mercado para darlle paso ao consumismo activo.
Coñecer as distintas ferramentas que se empregan na publicidade e noutras técnicas de marketing pode axudarnos nas nosas decisións de consumo, de xeito que non nos deixemos enganar e teñamos en conta outros criterios. Ademais, a conferencia afondará nos diferentes casos de publicidade ilícita co fin de detectala e así poder denunciala.