- As entradas para o público terán un prezo de 10 euros
- Celebrarase tamén o I Memorial Evita de Labra en lembranza da que foi presidenta da Federación Galega
Valga, 25 de setembro de 2018.
A Federación Galega de Fisicoculturismo e Fitness volve a elixir o Auditoiro Municipal de Valga como escenario no que celebrar a cuarta edición da Copa de Galicia de Fisicoculturismo e Fitness, que terá lugar na xornada do sábado 6 de outubro.
Entre as 9 e as 10 horas procederase á pesaxe dos participantes e ás 12 do mediodía dará comezo a competición. A organización admite inscricións en ata en sete categorías diferentes: Noveis, Principiantes, Classic, Mens Physique, Woman Physique, Mens Short e Bikini-Body Fitness.
As entradas para o público terán un prezo de 10 euros por persoa.
Ademais da Copa de Galicia, celebrarase na mesma xornada do 6 de outubro a primeira edición do Open “Memorial Evita de Labra”, en recordo da que foi presidenta da Federación Galega Eva María de Labra Figueroa, tristemente falecida o pasado mes de maio.