- Os contratos coas empresas adxudicatarias asináronse a finais da semana pasada
- Terán unha duración dun ano con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro
Valga, 25 de setembro de 2018.
O Concello continúa a formalizar contratos de reparación e mantemento de servizos en instalacións e edificios públicos, neste caso a recarga de extintores e o mantemento dos ascensores. Os contratos coas empresas adxudicatarias asináronse a finais da semana pasada.
O servizo mantemento de ascensores en edificios públicos foi adxudicado a Schindler por un prezo de 6.082’57 euros. O contrato terá unha duración dun ano con posibilidade de sucesivas prórrogas de seis meses ata un máximo de catro anos.
Por outra parte, adxudicouse á empresa Comercial Extintores de Galicia a subministración, recarga e mantemento dos extintores existentes nas edificacións de titularidade municipal e locais públicos do Concello. O contrato, cun prezo de 1.746’44 euros, ten tamén unha duración dun ano con posibilidade de prórrogas de seis meses ata un máximo de catro anualidades.