Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O concerto celébrase o domingo 7 de outubro no Auditorio Municipal

- A entrada ao evento é gratuíta para todo o público que queira asistir

coralpolifónica

Valga, 24 de setembro de 2018.

O Auditorio Municipal será escenario da décimo terceira edición do Festival de Outono de Corais, un evento que organiza a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, coa colaboración do Concello de Valga. O concerto terá lugar o vindeiro 7 de outubro a partir das 19 horas.

Ademais da anfitrioa, a Polifónica Santa Comba, actuarán outras tres agrupacións das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Serán a Coral Agustín González de Louro (Muros), a Polfónica Soutomaior e a Coral Polifónica de Vilalba.

A entrada ao festival e gratuíta para todo o público que queira asistir.

Cartel Corais

Volver