Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os contratos coas empresas adxudicatarias asináronse esta semana

- Terán unha duración dun ano con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro

contrato2

Valga, 20 de setembro de 2018.

O Concello vén de contratar a reparación e mantemento dos equipos de seguridade existentes nos edificios públicos de Valga e maís a revisión dos equipos de respiración e botellas de reposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). Os contratos coas empresas adxudicatarias asináronse esta semana.

O servizo de revisión de equipos de respiración autónoma e das botellas de reposición do GES foi adxudicado a Aribox S.A. pola cantidade de 3.509 euros. O contrato terá unha duración dun ano con posibilidade de prórrogas de seis meses ata un máximo de catro anos.

Por outra parte, adxudicouse á empresaSistemas de Seguridade A1 a reparación e mantemento dos equipos de seguridade existentes nos locais públicos do Concello, como alarmas ou sistemas de vixilancia. Tamén neste caso o contrato, cun prezo de 6.872,80 euros, ten unha duración dun ano con posibilidade de sucesivas prórrogas de seis meses ata un máximo de catro anos.

contrato1

Volver