Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Explicaranse as claves para que os consumidores entendan os servizos de internet que existen no mercado e a cobertura dispoñible

- A actividade está dirixida a axentes TIC e persoal de concellos, aínda que tamén pode asistir calquera cidadán interesado no tema

WIFI

Valga, 20 de setembro de 2018.

A Aula CeMIT de Valga programa para o vindeiro 4 de outubro a xornada gratuíta “Non tolees coa wifi”, na que se abordarán as claves para que os particulares entendan os servizos da internet que existen no mercado e a cobertura dispoñible. A actividade terá unha duración de dúas horas, entre as doce e as dúas do mediodía.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) co obxectivo de explicar todo o que debe saber un usuario para poder contratar no seu fogar un servizo de Internet adecuado ás súas necesidades e en función da súa cobertura, así como os seus dereitos e como solucionar incidencias e reclamacións referentes o servizo da Internet.

A xornada está dirixida principalmente a axentes TIC e a persoal de concellos e de oficinas de información ao consumidor, aínda que tamén poderá asistir calquera cidadán interesado no tema. Para elo é preciso inscribirse a través dos números de teléfono 986 55 94 56 ou 986 55 67 69 ou de xeito presencial na Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal.

Volver