Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Subvencionarase o material de alumnado de Segundo Ciclo de Infantil e o transporte ao de Bacharelato, FP, Universidade e necesidades educativas especiais

- As bases e o orzamento xa están aprobados, polo que as axudas faranse efectivas unha vez que o Concello conte coa autorización do Ministerio

 

Valga, 19 de setembro de 2018.

O Concello lembra ás familias con fillos en segundo ciclo de Infantil, Bacharelato ou Formación Profesional, que cursen estudos universitarios ou teñan necesidades educativas especiais que poden optar ás axudas municipais para material e transporte escolar.

En concreto, os fondos reservados nos orzamentos deste ano destinaranse a subvencionar material escolar no caso de alumnado de Segundo Ciclo de Educación Infantil (CEIP e CRA), e transporte escolar no caso de estudantes de Bacharelato, Universidade, Formación Profesional e alumnado con necesidades educativas especiais. A cuantía das axudas irá en función da renda da unidade familiar.

Para poder xustificar o gasto en caso de reunir as condicións de acceso ás mencionadas axudas, o Concello lembra ás familias que é necesario que garden as facturas de compra do material.

A concesión das axudas está únicamente pendente da autorización do Ministerio correspondente do Goberno Central, estando xa aprobadas tanto as bases como os orzamentos. “As axudas faranse efectivas unha vez recibamos a citada autorización do Ministerio”, explica o alcalde, que engade que “en Valga acostumamos a cumprir a lei por moito que outros intenten terxiversar e sen entrar a valorar os procedementos que sigan noutros concellos”.

Volver