- Vén de crear unha canle de Telegram para informar ás familias do alumnado sobre asuntos relativos ao centro
- O instituto tamén estrea novo enderezo web: iesdevalga.gal
Valga, 19 de setembro de 2018.
O IES de Valga está a aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías no que á relación coa comunidade educativa se refire e acaba de crear unha canle de Telegram co fin de manter informadas, especialmente, ás famliias do alumnado.
A través desta aplicación de mensaxería instantánea, o equipo directivo do IES informará sobre todos os asuntos relativos ao centro, como reunións coas familias, proxectos a desenvolver, novidades na oferta académica ou actividades extraescolares.
Para acceder a esta canle, abonda con descargar e instalar a aplicación.
Dentro desta mesma política de faciliar a comunicación coas familias, o IES de Valga xa estaba a utilizar tamén a aplicación TokApp, que permite, entre outras cousas, que nais e pais sexan informadas en tempo real das faltas de asistencia dos seus fillos.
Outra novidade deste curso é que o acceso á web do centro pódese facer mediante o enderezo web iesdevalga.gal.