Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

O Concello de Valga informa que ten incluídos nos orzamentos de 2018 un importe destinado a subvencións para “axudas para material e transporte no ensino do Concello de Valga”.

Por cambios da lei do Goberno Central, os trámites administrativos para a publicación e tramitación de ditas subvencións está a sufrir unha demora.

Pídese que todos aqueles INTERESADOS EN SOLICITALAS GARDEN AS FACTURAS CORRESPONDENTES tanto de material, no caso de alumnos de Segundo Ciclo de Infantil (CEIP e CRA), como de transporte escolar no caso de estudantes de Bacharelato, Universidade, Formación Profesional e alumnado con necesidades educativas especiais, para logo poder xustificar o gasto en caso de reunir as condicións de acceso ás mencionadas subvencións.

Volver