Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Explicaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun xeito seguro, evitando fraudes

- As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 986 55 94 56

banner cemit

Valga, 11 de setembro de 2018.

A Aula CeMIT de Valga retransmite por videoconferencia o vindeiro luns, 17 de setembro, unha charla sobre comercio electrónico e métodos de pago seguros ofrecida pola Escola Galega de Consumo e que terá unha duración aproximada de unha hora, entre as doce e a unha do mediodía.

A conferencia está orientada a persoas a partir de 16 anos de idade e aborda unha temática actual e que afecta en gran medida aos consumidores, cada vez máis habituados a facer compras a través de internet.

O emprego xeneralizado das novas tecnoloxías está a provocar un incremento do denominado comercio electrónico, o que presenta moitas vantaxes sempre que se faga de xeito seguro. Neste charla explícaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra, etc. Así mesmo, analizaranse os dereitos específicos das persoas consumidoras no caso das compras a distancia.

Os interesados en asistir poden inscribirse de forma presencial na Aula CeMIT, tamén chamando ao número de teléfono 986 55 94 56 ou a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/26054.

Volver