Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A súa tosta de anguía con pemento morrón e ovo de cordorniz foi a máis valorada polo xurado profesional e popular

- A cafetería do Auditorio obtivo o Mandil de Prata e o bar Couceiro o Mandil de Bronce

AnguíaGañadores

Valga, 7 de setembro de 2018.

A tosta de anguía con pemento morrón e ovo de codorniz elaborada polo bar O Pontellón proclamouse gañadora do Mandil de Ouro na quinta edición da ruta concurso “Tapa á anguía” que tivo lugar a última fin de semana de agosto coincidindo coa XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O Mandil de Prata recaeu na cafetería do Auditorio, que preparou a tapa “Anguía Roll” en dúas versións: quente (filloa de pan de pita con verduras salteadas e anguía) e fría (sushi de anguía con pepino, arroz branco, salsa de soia e verduras). Por último, o Mandil de Bronce foi para o bar Couceiro e a súa Anguía á mariñeira, na que o peixe se acompañaba dunha guarnición de mariscos e salsa.

Os premios aos tres establecementos gañadores entregáronse esta mañá na Casa do Concello nun acto no que se celebrou, ademais, o sorteo de dez vales de compra de 30 euros cada un entre as persoas que participaron na elección da mellor tapa. Estes vales poderán gastarse nos comercios do municipio.

A votación popular tivo un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaeu sobre un xurado profesional que percorreu todos os establecementos participantes para degustar as súas preparacións. Foron oito os bares e restaurantes de Valga que ofreceron aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións pinchos coa anguía como ingrediente principal. Ademais dos tres xa citados, participaron tamén os bares Juan, Maneiro, Potel, Alba e a pastelería Caprichos.

O Concello facilitoulles a anguía para que os cociñeiros puideran prerarar o as distintas receitas. Entre as propostas gastronómicas que se puideron degustar durante os días 25 e 26 de agosto houbo anguía frita tradicional, á galega, en salsa, con queixo e mel.

Gañadores dos vales de compra de 30 euros:

  • José Antonio Conde Padín
  • Laura Remiseiro Fernández
  • José Manuel Martínez Gómez
  • Carmen Bermúdez Navia
  • Mónica Verde Prieto
  • Cruz Lago Gómez
  • Juan García Busto
  • Francisco Miguéns
  • Arturo Bustelo Rial
  • Gloria Eiras Fraga

Para recoller o premio deben acudir ás oficinas municipais co seu DNI e indicar en que comercio de Valga queren gastar o vale.

AnguíaOuro               Tapa Pontellón

 AnguíaPrata Tapa Auditorio

AnguíaBronce Tapa Couceiro

 AnguíaGañadores Anguíasorteo

           Anguíasorteo1                      Anguíasorteo2

Volver